miércoles, 28 de noviembre de 2012

Linguas cruzadas

Linguas cruzadas

Nas aulas dedicadas á sociolingüística galega, dentro do apartado 'O galego e a mocidade' no que tamén analizamos a cuestión imagolóxica artellada arredor da lingua galega, visionamos o documentario Linguas cruzadas analizando as actitudes e aptitudes lingüísticas da xuventude galega.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Conferencia do profesor Anselmo L. Carreira no 'Congreso 1600 anos do Reino da Galiza'

Anselmo López Carreira
 
Con motivo das aulas dedicadas ao apartado de historia recomendamos a visualización da ponencia do profesor Anselmo López Carreira no 'Congreso 1600 anos do Reino da Galiza', desde a que se fai un percorrido polos feitos mais destacados do Reino Suevo da Galiza, así como dos motivos do seu ocultamento por parte da visión historiográfica hispanicista mais tradicional.