viernes, 7 de octubre de 2011

'Poeta galegos e portugueses', conferencia-concerto de José López Santana


José López Santana
O músico estremeño José López Santana realizará unha conferencia-concerto para os escolares do Instituto de Alconchero con motivo dos actos de difusión da cultura galega que organiza o lectorado de Cáceres.

José López Santana: compositor e intérprete especializado en guitarra clásica é un músico solista natural de Llerena, Estremadura. Gañador do VI festival da canción extremeña,  ten dedicado boa parte dos seus esforzos á dinamización da poesía galega por medio de discos como 'Lírica Gallega y Castellana', nos que ten musicado a autores como Antón Avilés de Taramancos, Rosalía de Castro ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.

Ademais, é autor de obras para guitarra e piano, de onde se destacan as ‘Suite Celta’, ‘Suite andaluza’ e ‘Suite sudamericana’.

Actualmente colabora como intérprete e conferenciante en universidades e centros de ensino de todo o Estado. O CEG desta universidade convidouno para promocionar a lingua e a literatura galega, a través da música, entre os alumnos da localidade fronteiriza de Alconchero. A palestra-concerto realizarase no próximo día 17 de outubro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario