Por segunda vez neste ano a banda galega de speed-folk Ülträqäns visitará Cáceres. A cita terá lugar na sala 'El Corral de las cigüeñas' no próximo sábado día 19 de maio ás 18h00 (Entrada gratuíta até completar aforo)
Con motivo do convite do Centro de Estudos Galegos de Lisboa, no día 3 de maio, o profesor Alberto Pombo ofrecerá unha conferencia na Universidade Nova de Lisboa sobre as relacións entre Literatura e música de intervención no caso galego.