Alberto Pombo |
Con motivo do convite do Centro de Estudos Galegos de Lisboa, no día 3 de maio, o profesor Alberto Pombo ofrecerá unha conferencia na Universidade Nova de Lisboa sobre as relacións entre Literatura e música de intervención no caso galego.
Con unha análise que parte da década de 70, na conferencia analízase a influencia do fenómeno de divulgación literaria por medio da palabra musicada e a relevancia desta na construción do cánon literario, así como as necesidades de musicación duns ou doutros poemas por razóns de carácter histórico.
A palestra, que terá lugar na Sala 104 (Torre A, primeiro andar) ás 16h00, contará tamén coa presenza do profesor Antonio Mira que falará, a seguir, da 'Presenza galega na balada de Coimbra, 1969'.
Este evento forma parte do ciclo: Primavera Galega, na que tamén colabora o CEG de Estremadura coa organización conxunta da conferencia do músico galego Bieito Romero, que estará en Lisboa no día 4 de maio.
Este evento forma parte do ciclo: Primavera Galega, na que tamén colabora o CEG de Estremadura coa organización conxunta da conferencia do músico galego Bieito Romero, que estará en Lisboa no día 4 de maio.
O programa do CEG de Lisboa pode consultarse na íntegra, aquí:
Primavera Galega |
Con razón deste evento, as alumnas das disciplinas Historia e cultura galegas e Literatura galega da Universidad de Extremadura, non terán aulas nos días 3 e 4 de maio.
A conferencia, xa proferida noutras ocasións nas Universidades de Salamanca ou Faro, contou con fragmentos literarios con musicación ao vivo como o ofrecido a seguir:
No hay comentarios:
Publicar un comentario