miércoles, 31 de octubre de 2012

Conferencia de Alberto Pombo na Universidade de Salamanca: Imagoloxías arredor da lingua galega

Alberto Pombo
 
O lectorado de galego da universidade de Salamanca, do que é responsábel o profesor Xulio Carballo, convida o profesor Alberto Pombo para proferir unha conferencia sobre os conceptos imagolóxicos artellados por volta da lingua galega. Por esta razón, as aulas previstas para os días 6 e 7 de novembro ficarán adiadas. 


Na conferencia, que tamén será ofrecida nas aulas de Historia e Cultura Galegas da Universidade da Estremadura, realízase un percorrido por diversos contidos relacionados coas disciplinas da imagoloxía, psicoloxía, lingüística ou sociolingüística. Así, falaremos de conceptos como represión lingüística, auto-odio ou poder social, mais tamén dos mecanismos e axentes necesarios para impor unha lingua sobre outra ou que nutren a construción da imaxe mental que trazamos arredor dunha realidade lingüística. 

A ponencia terá lugar ás 09h30 na sala 23 da faculdade de filoloxía 'Anayita' da Universidade de Salamanca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario