miércoles, 8 de mayo de 2013

Fragmento da conferencia-concerto de Bieito Romero e Xan Cerqueiro (Luar na Lubre) en Cáceres [+Vídeo]

Xan Cerqueiro e Bieito Romero (Luar na Lubre)


Os músicos Xan Cerqueiro (Flauta) e Bieito Romero (Gaita) visitaron o Centro de Estudos Galegos de Cáceres para realizar unha conferencia-concerto sobre a música tradicional galega. 

Perante o público universitario os músicos interpretaron diversas pezas do patrimonio musical galego (Muiñeiras, carballesas, jotas, cantigas de entroido, pasodobles, rumbas, polkas...) e da banda da que ambos forman parte, Luar na Lubre.

O alumnado de literatura galega e de historia da Galiza desta facultade terá desfrutado especialmente coa interpretación da Cantiga de Santa María número 35 [Afonso X] e coa Antiga Marcha do Reino da Galiza. Desta última deixamos, a seguir, testimonio audiovisual:

Fai click na imaxe para reproducir o vídeo

Con esta actividade o Centro de Estudos Galegos de Cáceres fecha a programación do primeiro semestre de 2013. Mesmo así, continuaremos ofrecendo nesta páxina outros fragmentos do concerto así como de anteriores palestras organizadas polo CEG. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario