viernes, 1 de abril de 2011

Conferencia: 'A poesía galega entre 70 e 80: A poética de Pilar Pallarés'

Emilio Cambeiro

Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa da disciplina de Literatura Galega ofertada na Universidade de Cáceres, o Centro de Estudos Galegos (CEG) desta cidade organizou unha conferencia na que se tratará a obra poética da autora galega Pilar Pallarés. A conferencia será proferida polo profesor Emilio Cambeiro, quen exerce a docencia na Universidade Nova de Lisboa e quen, ademais, ten dedicado boa parte das súas investigacións á obra da poeta referida.  

A comunicación, titulada: “A poesía galega entre 70 e 80: A poética de Pilar Pallarés“, terá lugar no luns (segunda-feira) día 11 de abril, na hora e espazo habituais, isto é: de 13h00 a 14h00 na sala 21 da Faculdade de Filosofía e Letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario