lunes, 31 de octubre de 2011

'Vicente Risco e a Xeración Nós', conferencia de Emilio Cambeiro

Emilio Cambeiro na Universidade de Deusto

Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa da disciplina de Historia e Cultura galegas ofertada na Universidade de Cáceres, o Centro de Estudos Galegos (CEG) desta cidade organizou unha conferencia na que se tratará a figura dun dos vultos da Xeración Nós: Vicente Risco.  

A conferencia será proferida polo profesor Emilio Cambeiro, da Universidade Nova de Lisboa, quen ten dedicado boa parte das súas investigacións á obra do autor referido.  

A comunicación, titulada: 'Vicente Risco e a Xeración Nós', terá lugar no luns (segunda-feira) día 7 de novembro, na hora e espazo habituais, isto é: de 13h00 a 14h00 na sala 17 da Faculdade de Filosofía e Letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario