miércoles, 29 de febrero de 2012

No centenario de Celso Emilio Ferreiro, desde Cáceres



As alumnas de Literatura Galega da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres (Estremadura) renden homenaxe ao poeta Celso Emilio Ferreiro con motivo do 100º aniversario do seu nacemento e do 40º da publicación da obra 'Longa noite de pedra'. Esta lectura conxunta forma parte dunha serie de actividades de colaboración con outras entidades, neste caso: 'Radio Cadena Ser Lugo'. 


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.


Celso Emilio Ferreiro 
'Longa noite de pedra', do poemario homónimo publicado no ano 1962

No hay comentarios:

Publicar un comentario