jueves, 9 de diciembre de 2010

'Literatura galega e sexo', conferencia de Antonio I. Mira

Antonio I. Mira

Antonio Iglesias Mira, profesor lector na Universidade de Faro (Portugal) ministrará dúas conferencias sobre literatura galega e sexualidade nos días 15 e 16 de decembro.

domingo, 5 de diciembre de 2010

'Conceitos sociolingüísticos e o caso galego', conferencia de Maurício Castro

Maurício Castro

Após as recentes palestras de Diego Bernal, María do Cebreiro e Jasmina Rodrigues, e para ir fechando os actos programados para este ano 2010, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres organiza unha nova palestra. Desta vez contaremos co profesor Maurício Castro, licenciado en filoloxía galego-portuguesa e docente desta lingua na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.  

lunes, 29 de noviembre de 2010

‘A represión lingüística na Galiza’, conferencia de Jasmina Rodrigues

Jasmina Rodrigues

Continúan os actos do Centro de Estudos Galegos de Cáceres. Desta feita contaremos coa presenza de Jasmina Rodrigues, da Universidade da Coruña.

jueves, 25 de noviembre de 2010

'A recepción de Rosalía en Portugal', conferencia de María do Cebreiro


María do Cebreiro

A escritora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela María do Cebreiro proferirá, por convite do CEG de Cáceres, unha comunicación sobre a recepción da matriarca das letras galegas en terras lusas.

viernes, 19 de noviembre de 2010

'Os apelidos galego-portugueses', conferencia de Diego Bernal


O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres marcou a súa primeira actividade do presente curso 2010/2011 para o próximo luns, día 29 de Novembro.  

viernes, 1 de octubre de 2010

Benvida!


Benvida ao novo blogue do Centros de Estudos Galegos de Cáceres!

Despois da magnífica xestión da profesora Natalia Blanco durante os anos comprendidos entre 2007 e 2010, o CEG de Cáceres inicia agora unha nova andadura baixo a responsabilidade do profesor Alberto Pombo que se ocupará do mesmo desde o día de hoxe até outubro de 2013.