viernes, 1 de octubre de 2010

Benvida!


Benvida ao novo blogue do Centros de Estudos Galegos de Cáceres!

Despois da magnífica xestión da profesora Natalia Blanco durante os anos comprendidos entre 2007 e 2010, o CEG de Cáceres inicia agora unha nova andadura baixo a responsabilidade do profesor Alberto Pombo que se ocupará do mesmo desde o día de hoxe até outubro de 2013. 

Nesta nova xeira visamos continuar o traballo iniciado e desenvolvido polas anteriores profesoras-lectoras sendo agora este blogue o espazo de difusión para as actividades do CEG e para os contidos das disciplinas ligadas a este (Literatura galega e Historia e cultura galegas) ofertadas na Faculdade de Filosofia e Letras de Cáceres, Universidad de Extremadura.

Ademais, nesta páxina poderás acceder a diversos recursos da lingüísticos e culturais en lingua galega. En galego, tes un mundo por coñecer!

Comezamos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario