A Biblioteca virtual galega (BVG) pon ao teu dispor un amplo leque de obras e autores da literatura galega de todos os tempos.
A Universidade da Coruña alberga esta páxina web na que poderás consultar textos, edicións facsimilares e mesmo manuscritos de autoras como Rosalía de Castro, Don Dinís, Méndez Ferrín, Álvaro Cunqueiro, Lois Pereiro, Branco Amor ou Manuel Antonio. Ademais, se escrebes en lingua galega e queres publicar os teus traballos na rede, a BVG ofréceche un espazo para iso.
Aínda, nesta páxina poderás visualizar representacións teatrais ou ouvir fragmentos literarios da voz dos seus autores, consultar as últimas novidades literarias e ler as biografías e autobiografías dos creadores literarios presentes na páxina.
Só te separa un 'clic' do acceso a máis de nove séculos de literatura galega!
No hay comentarios:
Publicar un comentario