domingo, 27 de febrero de 2011

'Da literatura oral á poesía popular da Galiza', conferencia-concerto de Mini e Mero


Mini e Mero

Xosé Luis Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Francisco  Iglesas Dobarrio (Mero) son dúas figuras senlleiras dentro e fora do panorama cultural galego.  
Docentes e transmisores do legado artístico galego, Mini e Mero foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro polo seu traballo a prol da divulgación do patrimonio oral da Galiza.  


Case 40 anos atrás (1972) fundaron un dos grupos  galegos de maior suceso “Fuxan os ventos”,  que abandonarán no ano 1984 para crear o  incombustíbel e aclamado grupo “A Quenlla”, do que aínda fan parte e no que teñen musicadas pezas da literatura oral, da música popular e de autores galegos como Darío Xohán Cabana, Xosé L. Méndez Ferrín, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María etc.  

Estarán connosco en Cáceres na que será unha oportunidade única para facer un percurso poético e musical pola literatura galega.  

Non perdas a ocasión e participa do xenio creador e musicador dos insignes Mini e Mero. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario