lunes, 28 de febrero de 2011

'Literatura e sociedade no tempo das irmandades da Fala', conferencia de Xosé María Dobarro

Xosé María Dobarro Paz

Xosé María Dobarro Paz, Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, é un dos maiores vultos de sempre no estudo da literatura galega. Celebrado no campo da investigación, na actualidade o profesor Dobarro exerce a docencia de literatura galega na Universidade da Coruña.  
Director principal de 5 proxectos de investigación, todos eles relacionados coa literatura galega contemporánea, director de 14 teses de doutoramento e máis de 20 de licenciatura é, aínda, autor dunha prolífica obra de divulgación científica arredor da literatura e da lingua da Galiza.  

No día 8 de marzo, martes, contaremos coa súa presenza na Universidad de Extremadura, onde o profesor proferirá unha conferencia arredor da Literatura galega do período das Irmandades da Fala.  

A palestra terá lugar na Aula 21 da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres ás 13h00.

No hay comentarios:

Publicar un comentario