Alberto Pombo |
Alberto Pombo, profesor na Universidad de Extremadura e responsábel do Centro de Estudos Galegos de Cáceres, ofrecerá unha conferencia sobre a figura do poeta monfortino Lois Pereiro, homenaxeado neste ano 2011 co día das Letras Galegas.
A conferencia terá lugar no día 17 de maio ás 12h00 na aula 21 da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres. Aínda, o espazo de acceso á referida faculdade acollerá durante este mes unha exposición gráfica dedicada ao autor da 'Poesía última de amor e enfermidade'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario