O alumnado do IES David Buxán de Cambre subiu á rede unha antoloxía poético-musical da literatura galega. Xa podes escoitar os poemas de Rosalía de Castro a ritmo de Heavy Metal ou rapear con versos de Celso Emilio Ferreiro!
A páxina está organizada en tres grandes bloques (literatura medieval, século XIX e século XX) nos que terás acceso ás diferentes interpretacións musicais dos máis diversos poemas dos autores e autoras máis representativos da literatura galega.
Entra no blogue 'Son de poetas' e descubre un xeito distinto de te achegar á literatura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario