jueves, 8 de diciembre de 2011

‘Idioma e poder social no caso galego’, conferencia de Jasmina Rodrigues


Jasmina Rodrigues


A última das conferencias organizadas polo CEG de Cáceres para o presente ano 2011 será proferida pola filóloga Jasmina Rodrigues, quen ministrará unha conferencia de raíz sociolingüística.

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, Jasmina Rodrigues proferirá unha conferencia na Universidade de Cáceres na que, partindo da experiencia propia e colectiva, analizará diferentes factores que poden provocar o cambio de lingua, Ademais, falará sobre os diferentes preconceptos artellados arredor da lingua xerados por cuestións históricas e sociais.

A conferencia, titulada ‘Idioma e poder social’ e marcada para o día 15 de decembro ás 14h00, partirá de pequenos puntos nos que fica patente a naturalidade do plurilingüismo a nivel mundial versus as actitudes monolingüísticas baseadas nun tipo de modelo de Estado decimonónico.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario