Sálvia Lois |
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres organiza unha nova actividade para o mes de decembro. Desta volta, contaremos coa presenza da profesora Salvia Lois, quen exerce a docencia de portugués en diferentes institutos estremeños.
Partindo da literatura e do turismo, Salvia Lois centrará a súa presentación na recepción da Galiza por parte dos non galegos.
A conferencia terá lugar no Paraninfo da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres no día 15 de decembro, nunha sesión conxunta coa tamén filóloga Jasmina Rodrigues que falará, a seguir, sobre ‘Idioma e poder social no caso galego’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario