A memoria da lingua, 2010 |
Entre os diferentes materiais visionados na aula proxectamos o documentario 'A memoria da lingua', para reflexionar arredor da lingua baixo as percepcións dos seus protagonistas, as e os que falan galego.
No documentario preséntanse 20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais que nos aproximan á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perspectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario