O Apalpador |
O Apalpador (ou Pandigueiro) é unha figura lendaria do natal galego cuxa tradición pervive aínda nas zonas de Sarria, Courel, o Cebreiro ou Terra de Trives. No ano 2006, o Portal Galego da Língua publicaba un traballo de José André Lôpez Gonçâlez no que se iniciaba a recuperación deste máxico e xigante carboeiro.
Para unificar a imaxe social do Apalpador entre as crianzas, os membros do centro social A Gentalha do Pichel encargaron un deseño ao ilustrador ferrolán Leandro Lamas que adoita ser tomado como referencia para as diversas representacións en que aparece esta figura.
Desenho de Leandro Lamas |
Segundo conta a tradición, o Apalpador -un xigante carboeiro- baixa das montañas na noite do 31 de decembro para visitar ás crianzas e tocarlles a barriga para comprobar se comeron abondo durante o ano. Como presente, o Apalpador deixa unha presada de castañas ou algún regalo desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Cantigas do Apalpador
Vaite logo meu ninín / miña neniña,
marcha agora pra a camiña,
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Mañá é día de cachela
que haberá gran nevadara
e vai vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
---
Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
O Apalpador, o Santa Claus galego:
Ligazóns de interese:
Testemuña de Jaime Parada de Outonim sobre o Apalpador
Ver reportaxe da TVG con diferentes testemuñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario