lunes, 29 de noviembre de 2010

‘A represión lingüística na Galiza’, conferencia de Jasmina Rodrigues

Jasmina Rodrigues

Continúan os actos do Centro de Estudos Galegos de Cáceres. Desta feita contaremos coa presenza de Jasmina Rodrigues, da Universidade da Coruña.

Após as palestras de Diego Bernal (29 de Novembro) ou María do Cebreiro (01 de Decembro), Jasmina Rodrigues proferirá conferencia sobre a represión lingüística na Galiza.

O relatorio, de eminente carácter pedagóxico, dará conta deste fenómeno de longo percorrido que será, ademais, analizado desde o século XV até os días de hoxe.

O relatorio terá lugar na quinta-feira día 2 de Decembro, mes no que tamén contaremos coa presenza de Antonio Iglesias Mira e Maurício Castro. O espazo e o horario serán os de sempre: Sala 14 da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres ás 13h00.

No hay comentarios:

Publicar un comentario