domingo, 5 de diciembre de 2010

'Conceitos sociolingüísticos e o caso galego', conferencia de Maurício Castro

Maurício Castro

Após as recentes palestras de Diego Bernal, María do Cebreiro e Jasmina Rodrigues, e para ir fechando os actos programados para este ano 2010, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres organiza unha nova palestra. Desta vez contaremos co profesor Maurício Castro, licenciado en filoloxía galego-portuguesa e docente desta lingua na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.  

Activista lingüístico e escritor, é autor de obras como História da Galiza em Banda Desenhada (1995), Manual de Iniciaçom à Língua Galega (1998), Galiza e a diversidade lingüística no mundo (2001); Manual Galego de Língua e Estilo (2007) ou Galiza Vencerá! (2009).  

Convidado polo CEG de Cáceres, o profesor de Trasancos falará sobre un tema da súa especialidade, a sociolingüística desde un punto de vista galego.  

O relatorio terá lugar na segunda-feira día 13 de Decembro, mes no que tamén contaremos coa presenza de Antonio Iglesias Mira (días 15 e 16 no lugar habitual).  

O espazo e o horario serán os de sempre: Sala 14 da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres ás 13h00.

No hay comentarios:

Publicar un comentario