viernes, 3 de mayo de 2013

Conferencia-concerto de Bieito Romero (Luar na Lubre) en Cáceres

Cartaz do evento


Logo dos 9 eventos previos que desde o Centro de Estudos Galegos de Cáceres vimos organizando no que vai de 2013, fechamos a programación destes primeiros seis meses do ano da man do escritor e músico Bieito Romero, da banda Luar na Lubre.

A actuación terá lugar no próximo mércores día 8 de maio ás 12h00 no Paraninfo da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres. (Avenida de la Universidad S/N).

Continuando a colaboración iniciada no ano 2010 polos Centros de Estudos Galegos das Universidades de Cáceres, Lisboa e Salamanca a actividade, organizada conxuntamente, será ofrecida nas seguintes datas:

Salamanca: Martes 7 de maio ás 19h00 no Centro Galego de Salamanca
Cáceres: Mércores 8 de maio ás 12h00 no Paraninfo (FyL)  
Lisboa: Venres 10 de maio ás 19h30 no Centro Galego de Lisboa 
*[Actividades con entrada libre até completar aforo]

No hay comentarios:

Publicar un comentario