lunes, 17 de diciembre de 2012

O Apalpador, normalizando a tradición

O Apalpador
O Apalpador (ou Pandigueiro) é unha figura lendaria do natal galego cuxa tradición pervive aínda nas zonas de Sarria, Courel, o Cebreiro ou Terra de Trives. No ano 2006, o Portal Galego da Língua publicaba un traballo de José André Lôpez Gonçâlez no que se iniciaba a recuperación deste máxico e xigante carboeiro.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Madrith. Relato de Sechu Sende

Sechu Sende
Con motivo das aulas dedicadas ao apartado de sociolingüística traballamos nas aulas con diferentes textos e autores. Ofrecemos, a seguir, un relato do escritor Sechu Sende publicado na obra Made in Galicia, libro distinguido en 2007 co premio Anxel Casal á mellor obra do ano en lingua galega.

martes, 11 de diciembre de 2012

Prexuízos lingüísticos e prexuízos raciais


No ano 2011, durante un programa de televisión autodenominado como o maior experimento sociolóxico da súa época, unha concursante galega deixa ver diversos fenómenos que se estudan desde os campos da sociolingüística e da psicoloxía como o auto-odio, a construción do poder social a través da lingua ou o racismo lingüístico.

sábado, 8 de diciembre de 2012

Galiza e os galegos na literatura española do século de ouro


Polo seu interese académico ofrecemos, a seguir, un traballo do profesor Miguel Ángel Teijeiro Fuentes, profesor de literatura española na Universidade da Estremadura. O traballo, que continúa a liña do 'Galicia vista por los no gallegos' publicado en 1974 por Xesús Alonso Montero, foca o seu punto de atención na produción literaria española dos séculos XVI e XVII.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

A memoria da lingua

A memoria da lingua, 2010

Entre os diferentes materiais visionados na aula proxectamos o documentario 'A memoria da lingua', para reflexionar arredor da lingua baixo as percepcións dos seus protagonistas, as e os que falan galego.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Linguas cruzadas

Linguas cruzadas

Nas aulas dedicadas á sociolingüística galega, dentro do apartado 'O galego e a mocidade' no que tamén analizamos a cuestión imagolóxica artellada arredor da lingua galega, visionamos o documentario Linguas cruzadas analizando as actitudes e aptitudes lingüísticas da xuventude galega.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Conferencia do profesor Anselmo L. Carreira no 'Congreso 1600 anos do Reino da Galiza'

Anselmo López Carreira
 
Con motivo das aulas dedicadas ao apartado de historia recomendamos a visualización da ponencia do profesor Anselmo López Carreira no 'Congreso 1600 anos do Reino da Galiza', desde a que se fai un percorrido polos feitos mais destacados do Reino Suevo da Galiza, así como dos motivos do seu ocultamento por parte da visión historiográfica hispanicista mais tradicional.