O blogue sobre etnografía galega 'Etnoga' ven de publicar unha extensa reportaxe sobre a gastronomía tradicional do entroido galego, incluindo as receitas para a súa elaboración. Polo seu interese, ofrecemos a seguir a noticia na íntegra. Bo proveito!
Co gallo do 100 aniversario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, as alumnas e alumnos de literatura galega do Centro de Estudos Galegos de Cáceres recitaron diferentes poemas do autor de Celanova.
O Apalpador (ou Pandigueiro) é unha figura lendaria do natal galego cuxa tradición pervive aínda nas zonas de Sarria, Courel, o Cebreiro ou Terra de Trives. No ano 2006, o Portal Galego da Língua publicaba un traballo de José André Lôpez Gonçâlez no que se iniciaba a recuperación deste máxico e xigante carboeiro.
Con motivo das aulas dedicadas ao apartado de sociolingüística traballamos nas aulas con diferentes textos e autores. Ofrecemos, a seguir, un relato do escritor Sechu Sende publicado na obra Made in Galicia, libro distinguido en 2007 co premio Anxel Casal á mellor obra do ano en lingua galega.
No ano 2011, durante un programa de televisión autodenominado como o maior experimento sociolóxico da súa época, unha concursante galega deixa ver diversos fenómenos que se estudan desde os campos da sociolingüística e da psicoloxía como o auto-odio, a construción do poder social a través da lingua ou o racismo lingüístico.