Xosé María Dobarro |
O catedrático de Filoloxía Galega Xosé María Dobarro, da Universidade da Coruña, ofrecerá unha conferencia na Universidade de Cáceres por convite do Centro de Estudos Galegos desta casa.
A palestrá terá como punto de focaxe o poeta Celso Emilio Ferreiro por ser este un dos poetas galegos máis musicados e porque neste ano 2012 celebramos o centenario do seu nacemento. Para isto, o profesor Dobarro contextualizará as necesidades da musicación e o contexto histórico facendo referencias ao folk-song, á chanson francesa ou á canción de intervención latinoamericana, pasando pola Nova Cançó, Ez Dok Amairu, Canción del Pueblo, Manifiesto Canción del Sur... até chegar ao colectivo galego Voces Ceibes e a Celso Emilio Ferreiro.
A conferencia terá lugar na sala 2 da Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres entre as 11h00 e as 13h00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario