Maurício Castro |
O profesor Maurício Castro, da Escola de Idiomas de Ferrol, visitará o Centro de Estudos Galegos de Cáceres para falar sobre o panorama internacional das linguas minorizadas con especial focaxe para o caso galego.
Autor de diversas obras e artigos, destaca entre a súa produción o ‘Manual de iniciaçom à língua galega’, ‘Galiza e a diversidade lingüística no mundo’ ou o traballo conxunto con Bea Peres e Eduardo S. Maragoto ‘Manual galego de língua e estilo’.
A conferencia terá lugar no Paraninfo da Faculdade de Filosofía e Letras da Universidade de Cáceres ás 12h00 do día 17 de febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario