Isabel Seoane |
A doutora Isabel Seoane, profesora de lingua e literatura galega no IES de Mugardos e especialista no campo literario galego dos séculos XIX e XX ofrecerá unha conferencia na Universidade de Cáceres no próximo xoves día 23 de febreiro.
A conferencia, titulada 'A relevancia dos escritores finiseculares. A denominada Escola Coruñesa', inclúe unha nova proposta de revisión das datas que fechan o período do Rexurdimento por mor da importancia da Librería de Carré e do papel deste como dinamizador cultural.
A conferencia terá lugar na aula 13 da Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres ás 12h00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario