Diego Bernal |
Diego Bernal, profesor lector na Universidade Estadual do Rio de Janeiro, ofrecerá unha conferencia arredor da orixe etimolóxica dos apelidos galegos e a presenza dos mesmos dentro e fora do marco galego.
Activista lingüístico en históricas entidades culturais como O Facho, é ademais autor do libro para crianzas ‘A estória do Apalpador’ editado recentemente polo Diário Liberdade.
A palestra será realizada no Paraninfo da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Cáceres ás 11h00 do día 17 de febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario