Cartaz da conferencia |
O profesor Xulio Carballo, lector e responsábel do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca proferirá unha conferencia sobre a banda deseñada galega no próximo 7 de marzo.
Titulada 'Banda deseñada: Historia e reflexións dunha arte menosprezada', a conferencia terá lugar ás 11h00 na aula 3 da Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres, Universidade da Estremadura.
Organizada para o alumnado das disciplinas 'Historia e cultura galegas' e 'Literatura galega', a conferencia está aberta a todo o público universitario.
A ponencia do profesor Xulio Carballo inaugura a programación do Centro de Estudos Galegos de Cáceres deste 2013, no que tamén contaremos coa presenza de Emilio Cambeiro, Marisa Moreda, Bieito Romero, Diego Bernal, Xosé María Dobarro, Lorena Souto e Mario Regueira. Encontrarás toda a información en futuras entradas deste blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario