Cartaz da conferencia |
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres organiza unha nova actividade para o presente mes de marzo. Diego Bernal, profesor lector na Universidade do Estado do Rio de Janeiro (Brasil), proferirá unha conferencia sobre lingua galega.
A palestra, aberta a todo o público, terá lugar no próximo xoves día 21 de marzo. Será na sala 3 da Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres ás 10h00.
A seguir, ás 11h00 e na mesma sala, o profesor Xosé María Dobarro ofrecerá unha conferencia sobre literatura titulada: 'Reflexións sobre o que é Literatura Galega'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario