martes, 5 de marzo de 2013

Convocatoria: VI Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para persoas estranxeiras (UdC)

Alumnado do Curso de Verán da UdC [Ano 2011]

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña acaba de publicar a convocatoria da sexta edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras que ten como destinatarias fundamentais aquelas persoas de fóra de Galiza que estiveren interesadas en se introducir no estudo da lingua galega e en ampliar os seus coñecementos sobre a cultura galega.

Ofrécense dous niveis: un nivel elemental (A1-A2) de iniciación á lingua para quen desexar introducirse no seu coñecemento; nivel intermedio (B1-B2) para quen xa realizara o curso elemental ou acredite documentalmente un coñecemento básico do idioma.

A convocatoria inclúe a oferta de 16 bolsas de estadía de 500 euros brutos (unha cantidade a que haberá que aplicar o 24% de redución segundo a lexislación vixente).

O prazo de inscrición está aberto até o 3 de maio.

Máis información, texto íntegro da convocatoria e anexos para cubrir na páxina do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña:


------------------------------------------------
Servizo de Normalización Lingüística
Universidade da Coruña
Maestranza 9
15001 A Coruña
http://www.udc.es/snl



María Jesús foi unha das estudantes de Cáceres 
que participou nos cursos de verán 
ofertados nas universidades galegas

No hay comentarios:

Publicar un comentario