Cartaz da conferencia |
O catedrático de filoloxías Xosé María Dobarro, da Universidade da Coruña, visitará a Universidade de Estremadura para proferir unha palestra sobre literatura galega na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres.
Xosé María Dobarro Paz, Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, é un dos maiores eruditos no estudo da literatura galega. Recoñecido e celebrado no campo da investigación, Dobarro é autor dunha prolífica e extensa obra de divulgación científica arredor da literatura e da lingua da Galiza, tendo ademáis exercido como director principal de 5 proxectos de investigación, todos eles relacionados coa literatura galega contemporánea. Ainda, e con varias en andamento, foi director de 14 teses de doutoramento e máis de 20 de licenciatura.
No día 21 de marzo, xoves, contaremos coa súa presenza na Universidad de Extremadura, onde o profesor proferirá unha conferencia sobre a Literatura galega.
A palestra terá lugar na Aula 3 da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres ás 11h00, inmediatamente despois da conferencia que o profesor Diego Bernal (UERJ) proferirá no mesmo espazo, na hora anterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario