martes, 2 de abril de 2013

Conferencia de Alberto Pombo en Faro sobre historia, identidade e cultura galega

Alberto Pombo, Nuno M. Viegas e João Sousa

Con motivo do convite do Centro de Estudos Galegos de Faro, o profesor Alberto Pombo ofrecerá unha conferencia na 'Associação Recreativa e Cultural de Músicos de Faro' no próximo 5 de abril. A palestra "A teia de Penélope: Aproximação à história, identidade e cultura galega" incluirá no fin a interpretación de diferentes pezas musicais do patrimonio inmaterial galego-portugués xunto cos músicos e poetas João Sousa e Nuno Mangas Viegas, antigos alumnos do Centro de Estudos Galegos de Cáceres.  


A conferencia desenvolverase no 5 de abril ás 21h30, no local da asociación, formando parte do ciclo 'Abril: Días de música e liberdade' que presenta o seguinte programa: 

Preme na imaxe para ampliar

(Editado con fragmento da conferencia:)

http://www.youtube.com/watch?v=hutypZATf4Q



No hay comentarios:

Publicar un comentario