Cartaz da conferencia |
Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa das disciplinas ‘Historia e cultura galegas’ e ‘Literatura galega’ ofertadas na Universidade de Estremadura, o Centro de Estudos Galegos (CEG) de Cáceres organizou unha conferencia na que se dará conta das lendas das cidades asolagadas, da importacia da lenda de Breogán na identidade nacional galega e da figura do apóstolo Santiago e a cristianización de mitos.
A conferencia será proferida polo profesor Emilio Cambeiro, da Universidade Nova de Lisboa, quen ten dedicado boa parte das súas investigacións á literatura de tradición oral.
A palestra terá lugar ás 10h00 na Sala 3 da Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres. A seguir, a profesora da Unviersidade do Minho Marisa Moreda falará sobre 'Historia de mulleres' no caso galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario