martes, 9 de abril de 2013

Conferencia de Marisa Moreda en Cáceres: 'Historia de mulleres'

Cartaz da conferencia

O Centro de Estudos Galegos de Cáceres organiza unha nova conferencia para o mes de abril. Desta feita, contaremos coa presenza da profesora Marisa Moreda, da Universidade do Minho e responsábel do CEG de Braga.

No campo da investigación, Marisa Moreda ten centrado o seu traballo na lingua oral e na súa aplicación ao ensino de linguas e é, ademais, co-autora da 'Gramática práctica da língua galega' (Baía, 2010)

A conferencia que proferirá en Cáceres versará sobre o papel da muller na historia e na cultura galega. Desenvolverase na Sala 3 da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Cáceres ás 11h00, inmediatamente despois da conferencia do profesor Emilio Cambeiro


No hay comentarios:

Publicar un comentario