miércoles, 3 de abril de 2013

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros na USC

Cartaz do curso

Un ano máis, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan os Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, que van ter lugar en Santiago de Compostela entre o 4 e o 24 de xullo de 2013.

Achegamos dúas ligazóns nas que atopar información relativa aos cursos:



Como se indica nos textos, a organización dispón de bolsas por importe de 350 euros cada unha que eximen do pagamento da matrícula. O prazo de solicitude remata o 1 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario