Pradolongo é un filme galego, estreado no ano 2008 e rodado na comarca de Valdeorras reproducindo con rigor e fidelidade os trazos dialectais da comarca.
viernes, 20 de enero de 2012
lunes, 9 de enero de 2012
Antoloxía da música galega actual: Ei carballeira!
![]() |
| Heredeiros da Crus |
O 'ei carballeira!' é un de tantos berros que chaman para comezar a festa. Coas novas tecnoloxías este aviso chégavos por medio das seguintes ligazóns que vos permitirán mergullarvos nun océano de músicas versexadas orgullosamente en lingua galega. Con representación dos máis diversos estilos como o metal, o rock, o pop, o folque, o ska, o reggae, o hip-hop ou o jazz, entre outros xéneros, esta antoloxía é só un mínimo exemplo do amplo leque de bandas galegas en activo.
Partilla e difunde!
jueves, 8 de diciembre de 2011
‘Idioma e poder social no caso galego’, conferencia de Jasmina Rodrigues
miércoles, 7 de diciembre de 2011
‘Literatura e turismo: Visións exteriores no caso galego’, conferencia de Sálvia Lois
sábado, 5 de noviembre de 2011
'Outros espazos literarios: A banda deseñada galega’, conferencia de Xulio Carballo
O lector da Universidade de Salamanca, Xulio Carballo Dopico, ofrecerá unha conferencia sobre unha das artes que emerxeron con forza no panorama galego a partir da década dos 80. A importancia dos outros espazos literarios, información histórica e, aínda, a mostra dun amplo número de exemplares en formato físico serán as bases sobre as que se asente a ponencia.
lunes, 31 de octubre de 2011
'Vicente Risco e a Xeración Nós', conferencia de Emilio Cambeiro
Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa da disciplina de Historia e Cultura galegas ofertada na Universidade de Cáceres, o Centro de Estudos Galegos (CEG) desta cidade organizou unha conferencia na que se tratará a figura dun dos vultos da Xeración Nós: Vicente Risco.
viernes, 7 de octubre de 2011
'Poeta galegos e portugueses', conferencia-concerto de José López Santana
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





