martes, 27 de marzo de 2012

Conferencia de Carlos Taibo en Cáceres: 'Sobre o nacionalismo español'

Carlos Taibo
O escritor e profesor Carlos Taibo (Universidad Autónoma de Madrid), proferirá unha palestra na Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres por convite do Centro de Estudos Galegos desta cidade. 

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros

Curso da Coruña (2011) Na foto, 5 alumnas da Universidade de Estremadura

Xa están abertos os prazos de inscrición nos cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros/as organizados polas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

lunes, 26 de marzo de 2012

Congresso: Nacionalismos e pós-nacionalismos


O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres, en colaboración coa Área de Filoloxías galega e portuguesa da Uex, LEPOLL, CILEM, FEDER, Xunta de Galiza, Gobierno de Extremadura e o Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal, organiza unha nova actividade dirixida ao público universitario.

miércoles, 14 de marzo de 2012

A historia de ser mulleres (Crtvg, 2007)

Pintura do autor galego Leandro Lamas

No pasado 8 de marzo reivindicamos o Día internacional da muller traballadora nas aulas de Historia e cultura galegas. Para isto, detivémonos na análise da produción literaria da poeta galega Rosalía de Castro, promotora e abandeirada do feminismo radical.

O lapis do carpinteiro, filme completo


O lapis do carpinteiro (1998) é o título dunha das obras máis celebradas do escritor e académico galego Manuel Rivas. Baixo a dirección de Antón Reixa a novela virou filme no ano 2003 e conseguindo, nese mesmo ano, diferentes premios Mestre Mateo: Mellor longametraxe, mellor interpretación masculina (Luís Tosar) e mellor actriz de reparto (María Pujalte).