martes, 27 de marzo de 2012

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros

Curso da Coruña (2011) Na foto, 5 alumnas da Universidade de Estremadura

Xa están abertos os prazos de inscrición nos cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros/as organizados polas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

XXV Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia da USC

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan a vixésimo quinta edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros de fóra de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, que terán lugar do 2 ao 27 de xullo de 2012.  


V Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras da UDC 

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a quinta edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, que se desenvolverá entre os días 2 e 27 de xullo de 2012.

Inscrición (até o 4 de maio)

Máis infomación:
http://www.xunta.es/linguagalega/cursos_para_estranxeiros

*En breve, máis información cos cursos de verán ofertados pola Universidade de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario