Ülträqäns |
No próximo domingo 18 de marzo tedes unha cita cos máis cans da música galega no bar El Corral de las cigüeñas de Cáceres.
Herdeiros directos do movemento Bravú, a sempiterna banda comandada por Antón Díaz escolleu a Estremadura para poñer fin á primeira xeira de concertos do 'Pequerrechiño World Tour 2012' despois de deixar as pegadas do seu paso por terras de Madrid, Valladolid, Segovia ou Vitoria.
Non fiquedes na casa e deixádevos seducir polo poder ultraqanido: 'Vacas á rúa, o leite continúa!'
No hay comentarios:
Publicar un comentario