miércoles, 14 de marzo de 2012

A historia de ser mulleres (Crtvg, 2007)

Pintura do autor galego Leandro Lamas

No pasado 8 de marzo reivindicamos o Día internacional da muller traballadora nas aulas de Historia e cultura galegas. Para isto, detivémonos na análise da produción literaria da poeta galega Rosalía de Castro, promotora e abandeirada do feminismo radical.

Ademais do literario, analizamos o papel da muller nun dos pobos máis emigrantes da historia da humanidade: o pobo galego, e pormenorizamos na figura histórica de María Pita ou das mulleres anónimas da fábrica de tabacos da Coruña, entre outras.

Audiovisual: 

O desaparecido programa Historias de Galiza, da Crtvg, dedicou o capítulo 10 A historia de ser mulleres:

A historia de ser muller, un percorrido fermoso, duro e longo polas mulleres galegas que reivindicaron unha dignidade, este é o traballo documental que ofrece esta noite a partir das 21.30 horas o programa da Galega Historias de Galicia. Na actualidade, tanto a Xunta coma o Goberno central están a impulsar leis para tratar de poñerlle freo á violencia de xénero, mentres que outros textos lexislativos pretenden impoñer a paridade de sexos en determinados postos de representación pública... Pero historicamente a discriminación da muller foi unha constante que estivo na base do noso dereito e das nosas crenzas cristiás; de feito foi unha discriminación froito de mitos e forzas, a forza física, a forza da lei e a forza do costume.

Así, María Pita ou Isabel Barreto pasaron á historia de Galicia porque en determinadas circunstancias asumiron roles propios do varón. Por ignorancia, por medo e por presión dos dogmatismos, a muller galega aturou secularmente esta discriminación, ata que no século XIX Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán comezaron a chamarlle a esa indignidade polo seu nome...
A Constitución republicana de 1931 recoñeceu a igualdade de sexos no traballo, na política e ante a lei, pero o franquismo devolveuna á condición de tutelada polo home no "sacrosanto labor do coidado do fogar"... Ata o ano 1975 a muller non tivo en España a patria potestade sobre os seus fillos.

[Web da CRTVG]


No hay comentarios:

Publicar un comentario