lunes, 19 de marzo de 2012

Cáceres Ülträqänizado!


Os máis cans de todos os cans chegaron a Cáceres con ansias de trabar e facer danzar os presentes co mellor do seu espectáculo.

Nun concerto de case dúas horas de duración a banda coruñesa herdeira do movemento Bravú, sorprendeu o público asistente con pezas como Matar, Como o vento, Vacas á rúa, Setentáculos, Os ocelotes ou, entre outras, a muiñeira de Iron Maiden: Losfer Guaus.

Se perdiches o espectáculo ou se queres relembrar o concerto de despedida do 'Pequerrechiño World Tour 2012' aínda podes desfrutar de 4 músicas na íntegra a través do canal de vídeos do Centro de Estudos Galegos no Youtube.

O concerto celebrouse na sala: 'El corral de las cigüeñas'
Como non podía ser doutro xeito... Cáceres ficou finalmente Ülträqänizado!





No hay comentarios:

Publicar un comentario