miércoles, 14 de marzo de 2012

O lapis do carpinteiro, filme completo


O lapis do carpinteiro (1998) é o título dunha das obras máis celebradas do escritor e académico galego Manuel Rivas. Baixo a dirección de Antón Reixa a novela virou filme no ano 2003 e conseguindo, nese mesmo ano, diferentes premios Mestre Mateo: Mellor longametraxe, mellor interpretación masculina (Luís Tosar) e mellor actriz de reparto (María Pujalte).

Nas aulas de literatura desta semana visionaremos o filme logo de realizarmos unha breve introdución sobre o contexto no que se ambienta a obra e analizarmos a produción literaria de Rivas e Reixa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario