sábado, 20 de abril de 2013

Conferencia de Carlos Taibo no Centro de Estudos Galegos de Cáceres

Cartaz da conferencia

Convidado por Ecologistas en Acción, o escritor e profesor Carlos Taibo, da Universidade Autónoma de Madrid, visitará Cáceres para proferir unha conferencia sobre o decrecemento na Biblioteca Pública de Cáceres. Aproveitando a ocasión, Taibo tamén vistará o Centro de Estudos Galegos de Cáceres para ofrecer ao estudantado desta casa unha conferencia proferida en galego. Será no próximo mércores 24 de abril ás 13h00, aula 8 da Facultade de Filosofía e Letras.

domingo, 14 de abril de 2013

'Saúdolos aos alumneiros e alumneiras senlleiros de Cáceres' por Tomás Lijó


Inserido na conferencia que o profesor Xocas López ofreceu en Cáceres, un dos compoñentes d'Os da ría, enviou un saúdo agarimoso para o alumnado do Centro de Estudos Galegos desta cidade. 

Conferencia do escritor Mario Regueira e da escritora Lorena Souto en Cáceres

Cartaz da conferencia


O Centro de Estudos Galegos de Cáceres e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), organizan en parcería unha actividade cultural que terá lugar na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres e na que participarán o escritor Mario Regueira e a escritora Lorena Souto. 

martes, 9 de abril de 2013

Conferencia de Marisa Moreda en Cáceres: 'Historia de mulleres'

Cartaz da conferencia

O Centro de Estudos Galegos de Cáceres organiza unha nova conferencia para o mes de abril. Desta feita, contaremos coa presenza da profesora Marisa Moreda, da Universidade do Minho e responsábel do CEG de Braga.

Conferencia de Emilio Cambeiro en Cáceres: 'As lendas galegas na creación dunha identidade propia'

Cartaz da conferencia
Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa das disciplinas ‘Historia e cultura galegas’ e ‘Literatura galega’ ofertadas na Universidade de Estremadura, o Centro de Estudos Galegos (CEG) de Cáceres organizou unha conferencia na que se dará conta das lendas das cidades asolagadas, da importacia da lenda de Breogán na identidade nacional galega e da figura do apóstolo Santiago e a cristianización de mitos. 

miércoles, 3 de abril de 2013

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros na USC

Cartaz do curso

Un ano máis, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan os Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, que van ter lugar en Santiago de Compostela entre o 4 e o 24 de xullo de 2013.

martes, 2 de abril de 2013

Conferencia de Alberto Pombo en Faro sobre historia, identidade e cultura galega

Alberto Pombo, Nuno M. Viegas e João Sousa

Con motivo do convite do Centro de Estudos Galegos de Faro, o profesor Alberto Pombo ofrecerá unha conferencia na 'Associação Recreativa e Cultural de Músicos de Faro' no próximo 5 de abril. A palestra "A teia de Penélope: Aproximação à história, identidade e cultura galega" incluirá no fin a interpretación de diferentes pezas musicais do patrimonio inmaterial galego-portugués xunto cos músicos e poetas João Sousa e Nuno Mangas Viegas, antigos alumnos do Centro de Estudos Galegos de Cáceres.