O músico galego Bieito Romero, membro do celebrado grupo Luar na Lubre, proferirá unha conferencia-concerto no próximo mércores día 2 de maio por convite do Centro de Estudos Galegos de Cáceres.
jueves, 19 de abril de 2012
martes, 27 de marzo de 2012
Conferencia de Carlos Taibo en Cáceres: 'Sobre o nacionalismo español'
![]() |
| Carlos Taibo |
O escritor e profesor Carlos Taibo (Universidad Autónoma de Madrid), proferirá unha palestra na Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres por convite do Centro de Estudos Galegos desta cidade.
Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros
| Curso da Coruña (2011) Na foto, 5 alumnas da Universidade de Estremadura |
Xa están abertos os prazos de inscrición nos cursos de verán de
lingua e cultura galegas para estranxeiros/as organizados polas
universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, en colaboración coa
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
lunes, 26 de marzo de 2012
Congresso: Nacionalismos e pós-nacionalismos
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres, en colaboración coa Área de Filoloxías galega e portuguesa da Uex, LEPOLL, CILEM, FEDER, Xunta de Galiza, Gobierno de Extremadura e o Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal, organiza unha nova actividade dirixida ao público universitario.
lunes, 19 de marzo de 2012
Cáceres Ülträqänizado!
Os máis cans de todos os cans chegaron a Cáceres con ansias de trabar e facer danzar os presentes co mellor do seu espectáculo.
miércoles, 14 de marzo de 2012
A historia de ser mulleres (Crtvg, 2007)
![]() |
| Pintura do autor galego Leandro Lamas |
No pasado 8 de marzo reivindicamos o Día internacional da muller traballadora nas aulas de Historia e cultura galegas. Para isto, detivémonos na análise da produción literaria da poeta galega Rosalía de Castro, promotora e abandeirada do feminismo radical.
O lapis do carpinteiro, filme completo
O lapis do carpinteiro (1998) é o título dunha das obras máis celebradas do escritor e académico galego Manuel Rivas. Baixo a dirección de Antón Reixa a novela virou filme no ano 2003 e conseguindo, nese mesmo ano, diferentes premios Mestre Mateo: Mellor longametraxe, mellor interpretación masculina (Luís Tosar) e mellor actriz de reparto (María Pujalte).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



