O músico estremeño José López Santana realizará unha conferencia-concerto para os escolares do Instituto de Alconchero con motivo dos actos de difusión da cultura galega que organiza o lectorado de Cáceres.
Previsto inicialmente para ser realizado na Filmoteca de Cáceres, o ciclo de cinema galego será organizado na Faculdade de Filosofía e Letras por conveniencia dos alumnos e alumnas das disciplinas de Historia e cultura galegas e Literatura Galega. As proxeccións realizaranse todos os xoves de outubro na aula 21 entre 13h00 e 15h00.
O alumnado do IES David Buxán de Cambre subiu á rede unha antoloxía poético-musical da literatura galega. Xa podes escoitar os poemas de Rosalía de Castro a ritmo de Heavy Metal ou rapear con versos de Celso Emilio Ferreiro!
Alberto Pombo, profesor na Universidad de Extremadura e responsábel do Centro de Estudos Galegos de Cáceres, ofrecerá unha conferencia sobre a figura do poeta monfortino Lois Pereiro, homenaxeado neste ano 2011 co día das Letras Galegas.
Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa da disciplina de Literatura Galega ofertada na Universidade de Cáceres, o Centro de Estudos Galegos (CEG) desta cidade organizou unha conferencia na que se tratará a obra poética da autora galega Pilar Pallarés. A conferencia será proferida polo profesor Emilio Cambeiro, quen exerce a docencia na Universidade Nova de Lisboa e quen, ademais, ten dedicado boa parte das súas investigacións á obra da poeta referida.
Xosé María Dobarro Paz, Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, é un dos maiores vultos de sempre no estudo da literatura galega. Celebrado no campo da investigación, na actualidade o profesor Dobarro exerce a docencia de literatura galega na Universidade da Coruña.