miércoles, 14 de marzo de 2012

A historia de ser mulleres (Crtvg, 2007)

Pintura do autor galego Leandro Lamas

No pasado 8 de marzo reivindicamos o Día internacional da muller traballadora nas aulas de Historia e cultura galegas. Para isto, detivémonos na análise da produción literaria da poeta galega Rosalía de Castro, promotora e abandeirada do feminismo radical.

O lapis do carpinteiro, filme completo


O lapis do carpinteiro (1998) é o título dunha das obras máis celebradas do escritor e académico galego Manuel Rivas. Baixo a dirección de Antón Reixa a novela virou filme no ano 2003 e conseguindo, nese mesmo ano, diferentes premios Mestre Mateo: Mellor longametraxe, mellor interpretación masculina (Luís Tosar) e mellor actriz de reparto (María Pujalte).

miércoles, 29 de febrero de 2012

No centenario de Celso Emilio Ferreiro, desde Cáceres



As alumnas de Literatura Galega da Faculdade de Filosofía e Letras de Cáceres (Estremadura) renden homenaxe ao poeta Celso Emilio Ferreiro con motivo do 100º aniversario do seu nacemento e do 40º da publicación da obra 'Longa noite de pedra'. Esta lectura conxunta forma parte dunha serie de actividades de colaboración con outras entidades, neste caso: 'Radio Cadena Ser Lugo'. 

viernes, 24 de febrero de 2012

Novo horario das materias do segundo cuadrimestre Historia e Cultura Galegas e Literatura Galega. Fai clic na imaxe para ampliar.

sábado, 11 de febrero de 2012

'Celso Emilio Ferreiro no contexto da canción protesta', conferencia de Xosé M. Dobarro

Xosé María Dobarro

O catedrático de Filoloxía Galega Xosé María Dobarro, da Universidade da Coruña, ofrecerá unha conferencia na Universidade de Cáceres por convite do Centro de Estudos Galegos desta casa.