miércoles, 3 de abril de 2013

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros na USC

Cartaz do curso

Un ano máis, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan os Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, que van ter lugar en Santiago de Compostela entre o 4 e o 24 de xullo de 2013.

martes, 2 de abril de 2013

Conferencia de Alberto Pombo en Faro sobre historia, identidade e cultura galega

Alberto Pombo, Nuno M. Viegas e João Sousa

Con motivo do convite do Centro de Estudos Galegos de Faro, o profesor Alberto Pombo ofrecerá unha conferencia na 'Associação Recreativa e Cultural de Músicos de Faro' no próximo 5 de abril. A palestra "A teia de Penélope: Aproximação à história, identidade e cultura galega" incluirá no fin a interpretación de diferentes pezas musicais do patrimonio inmaterial galego-portugués xunto cos músicos e poetas João Sousa e Nuno Mangas Viegas, antigos alumnos do Centro de Estudos Galegos de Cáceres.  

domingo, 17 de marzo de 2013

'Reflexións sobre o que é literatura galega', conferencia de Xosé María Dobarro

Cartaz da conferencia

O catedrático de filoloxías Xosé María Dobarro, da Universidade da Coruña, visitará a Universidade de Estremadura para proferir unha palestra sobre literatura galega na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres.

"Galego: A orquídea da lingua portuguesa", conferencia de Diego Bernal

Cartaz da conferencia

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres organiza unha nova actividade para o presente mes de marzo. Diego Bernal, profesor lector na Universidade do Estado do Rio de Janeiro (Brasil), proferirá unha conferencia sobre lingua galega.

sábado, 9 de marzo de 2013

Cantares galegos: 'Escolma de poesía musicada', conferencia de Xocas López

Cartaz da conferencia

Xocas López, filólogo e músico na banda galega ‘The homens’, visitará a Universidade da Estremadura para ofrecer unha conferencia na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres. 

miércoles, 6 de marzo de 2013

Complementos de formación para o alumnado de Historia e Cultura galegas

Profesor Moreno Cabrera
As actividades relatadas a seguir están destinadas para o alumnado de 'Historia e cultura galegas' que non completan o horario da disciplina. Os presentes traballos deberán ser incluídos no portfolio, xunto coa programación de aulas e os apontamentos das diferentes conferencias organizadas polo CEG de Cáceres.

martes, 5 de marzo de 2013

Convocatoria: VI Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para persoas estranxeiras (UdC)

Alumnado do Curso de Verán da UdC [Ano 2011]

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña acaba de publicar a convocatoria da sexta edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras que ten como destinatarias fundamentais aquelas persoas de fóra de Galiza que estiveren interesadas en se introducir no estudo da lingua galega e en ampliar os seus coñecementos sobre a cultura galega.