miércoles, 8 de mayo de 2013

Fragmento da conferencia-concerto de Bieito Romero e Xan Cerqueiro (Luar na Lubre) en Cáceres [+Vídeo]

Xan Cerqueiro e Bieito Romero (Luar na Lubre)


Os músicos Xan Cerqueiro (Flauta) e Bieito Romero (Gaita) visitaron o Centro de Estudos Galegos de Cáceres para realizar unha conferencia-concerto sobre a música tradicional galega. 

viernes, 3 de mayo de 2013

Conferencia-concerto de Bieito Romero (Luar na Lubre) en Cáceres

Cartaz do evento


Logo dos 9 eventos previos que desde o Centro de Estudos Galegos de Cáceres vimos organizando no que vai de 2013, fechamos a programación destes primeiros seis meses do ano da man do escritor e músico Bieito Romero, da banda Luar na Lubre.

sábado, 20 de abril de 2013

Conferencia de Carlos Taibo no Centro de Estudos Galegos de Cáceres

Cartaz da conferencia

Convidado por Ecologistas en Acción, o escritor e profesor Carlos Taibo, da Universidade Autónoma de Madrid, visitará Cáceres para proferir unha conferencia sobre o decrecemento na Biblioteca Pública de Cáceres. Aproveitando a ocasión, Taibo tamén vistará o Centro de Estudos Galegos de Cáceres para ofrecer ao estudantado desta casa unha conferencia proferida en galego. Será no próximo mércores 24 de abril ás 13h00, aula 8 da Facultade de Filosofía e Letras.

domingo, 14 de abril de 2013

'Saúdolos aos alumneiros e alumneiras senlleiros de Cáceres' por Tomás Lijó


Inserido na conferencia que o profesor Xocas López ofreceu en Cáceres, un dos compoñentes d'Os da ría, enviou un saúdo agarimoso para o alumnado do Centro de Estudos Galegos desta cidade. 

Conferencia do escritor Mario Regueira e da escritora Lorena Souto en Cáceres

Cartaz da conferencia


O Centro de Estudos Galegos de Cáceres e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), organizan en parcería unha actividade cultural que terá lugar na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres e na que participarán o escritor Mario Regueira e a escritora Lorena Souto. 

martes, 9 de abril de 2013

Conferencia de Marisa Moreda en Cáceres: 'Historia de mulleres'

Cartaz da conferencia

O Centro de Estudos Galegos de Cáceres organiza unha nova conferencia para o mes de abril. Desta feita, contaremos coa presenza da profesora Marisa Moreda, da Universidade do Minho e responsábel do CEG de Braga.

Conferencia de Emilio Cambeiro en Cáceres: 'As lendas galegas na creación dunha identidade propia'

Cartaz da conferencia
Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa das disciplinas ‘Historia e cultura galegas’ e ‘Literatura galega’ ofertadas na Universidade de Estremadura, o Centro de Estudos Galegos (CEG) de Cáceres organizou unha conferencia na que se dará conta das lendas das cidades asolagadas, da importacia da lenda de Breogán na identidade nacional galega e da figura do apóstolo Santiago e a cristianización de mitos. 

miércoles, 3 de abril de 2013

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros na USC

Cartaz do curso

Un ano máis, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan os Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia, que van ter lugar en Santiago de Compostela entre o 4 e o 24 de xullo de 2013.

martes, 2 de abril de 2013

Conferencia de Alberto Pombo en Faro sobre historia, identidade e cultura galega

Alberto Pombo, Nuno M. Viegas e João Sousa

Con motivo do convite do Centro de Estudos Galegos de Faro, o profesor Alberto Pombo ofrecerá unha conferencia na 'Associação Recreativa e Cultural de Músicos de Faro' no próximo 5 de abril. A palestra "A teia de Penélope: Aproximação à história, identidade e cultura galega" incluirá no fin a interpretación de diferentes pezas musicais do patrimonio inmaterial galego-portugués xunto cos músicos e poetas João Sousa e Nuno Mangas Viegas, antigos alumnos do Centro de Estudos Galegos de Cáceres.  

domingo, 17 de marzo de 2013

'Reflexións sobre o que é literatura galega', conferencia de Xosé María Dobarro

Cartaz da conferencia

O catedrático de filoloxías Xosé María Dobarro, da Universidade da Coruña, visitará a Universidade de Estremadura para proferir unha palestra sobre literatura galega na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres.

"Galego: A orquídea da lingua portuguesa", conferencia de Diego Bernal

Cartaz da conferencia

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cáceres organiza unha nova actividade para o presente mes de marzo. Diego Bernal, profesor lector na Universidade do Estado do Rio de Janeiro (Brasil), proferirá unha conferencia sobre lingua galega.

sábado, 9 de marzo de 2013

Cantares galegos: 'Escolma de poesía musicada', conferencia de Xocas López

Cartaz da conferencia

Xocas López, filólogo e músico na banda galega ‘The homens’, visitará a Universidade da Estremadura para ofrecer unha conferencia na Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres. 

miércoles, 6 de marzo de 2013

Complementos de formación para o alumnado de Historia e Cultura galegas

Profesor Moreno Cabrera
As actividades relatadas a seguir están destinadas para o alumnado de 'Historia e cultura galegas' que non completan o horario da disciplina. Os presentes traballos deberán ser incluídos no portfolio, xunto coa programación de aulas e os apontamentos das diferentes conferencias organizadas polo CEG de Cáceres.

martes, 5 de marzo de 2013

Convocatoria: VI Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para persoas estranxeiras (UdC)

Alumnado do Curso de Verán da UdC [Ano 2011]

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña acaba de publicar a convocatoria da sexta edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras que ten como destinatarias fundamentais aquelas persoas de fóra de Galiza que estiveren interesadas en se introducir no estudo da lingua galega e en ampliar os seus coñecementos sobre a cultura galega.

lunes, 4 de marzo de 2013

Conferencia do profesor Xulio Carballo sobre a banda deseñada galega

Cartaz da conferencia

O profesor Xulio Carballo, lector e responsábel do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca proferirá unha conferencia sobre a banda deseñada galega no próximo 7 de marzo.

viernes, 1 de marzo de 2013

Programación do Centro de Estudos Galegos de Cáceres

Convidadas do CEG de Cáceres
[Primeiro semestre 2013]

O Centro de Estudos Galegos de Cáceres presenta o programa de actividades organizado para o primeiro semestre de 2013. Deste xeito, contaremos en Cáceres coa presenza dos profesores Júlio Carvalho (Universidade de Salamanca), Emilio Cambeiro (Universidade Nova de Lisboa), Xosé María Dobarro (Universidade da Coruña), Diego Bernal (Universidade Estadual do Rio de Janeiro), Marisa Moreda (Universidade do Minho) e Carlos Taibo (Universidad Autónoma de Madrid); dos escritores Mario Regueira e Lorena Souto; e dos músicos Xocas López (The homens) e Bieito Romero (Luar na Lubre). 

jueves, 14 de febrero de 2013

Horario 2013

Novo horario das materias do segundo cuadrimestre Historia e Cultura Galegas e Literatura Galega. Fai clic na imaxe para ampliar.

martes, 12 de febrero de 2013

Gastronomia tradicional do entroido

Filloas, flores, orellas e follas de limón


O blogue sobre etnografía galega 'Etnoga' ven de publicar unha extensa reportaxe sobre a gastronomía tradicional do entroido galego, incluindo as receitas para a súa elaboración. Polo seu interese, ofrecemos a seguir a noticia na íntegra. Bo proveito! 

lunes, 11 de febrero de 2013

Homenaxe a Celso Emilio. Colaboración do CEG de Cáceres con Radio Cadena Ser Lugo [Vídeo]




Co gallo do 100 aniversario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, as alumnas e alumnos de literatura galega do Centro de Estudos Galegos de Cáceres recitaron diferentes poemas do autor de Celanova.

martes, 15 de enero de 2013